HomePolíticaO BNG esixe ao Goberno manter o tren das 23:00h entre Ourense-Monforte-Lugo

O BNG esixe ao Goberno manter o tren das 23:00h entre Ourense-Monforte-Lugo

O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas parlamentarias para esixir ao Goberno do Estado e a Renfe a reposición do tren das 23 horas entre Ourense, Monforte e Lugo, suprimido recentemente, e que permitía ás persoas viaxeiras conectar co último tren procedente de Madrid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG advirte de que a supresión deste servizo supón un novo recorte nas comunicacións ferroviarias de Lugo, especialmente prexudicial para quen se despraza desde Madrid, xa que o último tren chega a Ourense ás 22.43 horas, sen dispoñer de ningún enlace posterior cara a Lugo.

“Trátase dunha conexión fundamental que viña funcionando historicamente e que permitía chegar a Lugo tras coller o último tren desde Madrid. Agora, coa súa eliminación, Lugo queda desconectada nese tramo horario” denuncia o deputado do BNG, Néstor Rego.

Durante as obras de modernización da liña Ourense–Monforte–Lugo, o servizo foi substituído por un transporte alternativo en autobús, que se demostrou útil e necesario. “Porén, Renfe eliminou tamén este servizo de bus, deixando as persoas usuarias sen opción de enlace. Non se pode aproveitar a execución das obras como escusa para eliminar conexións. O servizo de autobús das 23 horas debe manterse mentres duren os traballos, e o tren debe ser restituído en canto se recupere a circulación ferroviaria completa” reclama Rego.

O deputado nacionalista lembra que o BNG xa trasladou esta cuestión ao Congreso en maio de 2024, cando Renfe decidiu retirar o servizo de autobús que substituía o tren nocturno. A presión social e política obrigou entón a compañía a repor o bus, mais agora o recorte volve repetirse. “Renfe e o Ministerio de Transportes están a reducir servizos en lugar de amplialos. Lugo leva décadas padecendo un déficit histórico en materia ferroviaria e, lonxe de mellorar, a situación empeora. O que precisamos son máis frecuencias, mellores horarios e conexións reais co resto do país” advirte Rego.

ÚLTIMAS

Detido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Sarria acusado dun...

IX Xornada Castañeira nos Anguieiros, Quiroga, este 1 de novembro

O sábado, 1 de novembro, a partir das 17:00h celebrarase un obradoiro de elaboración...

O PP pedirá explicacións no Congreso pola supresión da praza de carteiro en Ribas de Sil

A voceira popular, Sandra Macía, condena a perda de servizos no municipio “sen que...

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...