HomesociedadeO PP de Quiroga esixe solucións ás deficiencias no servizo de telefonía...

O PP de Quiroga esixe solucións ás deficiencias no servizo de telefonía móbil e conexión a internet

Os concelleiros do PP amosan a súa preocupación polas deficiencias no servizo de telefonía móbil e conexión a Internet no municipio e así darán traslado no vindeiro Pleno do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Partido Popular lembran que tralos devastadores incendios do pasado verán non só se produciron importantes perdas do patrimonio natural e do medio de vida de moitos veciños e veciñas, senón que tamén se viu afectado o servizo de telefonía e conexión a Internet.

“A tardanza en recuperar o servizo, varias semanas despois dos incendios, prexudicou a actividade diaria dos veciños e veciñas á hora de facer distintas xestións esenciais”, apuntan.

Nese sentido, propoñen que o Concello se dirixa formalmente ás empresas de telefonía para que, ante situacións similares de grandes magnitudes, adopten medidas inmediatas para garantir a continuidade dos servizos tanto para os usuarios particulares como para as empresas afectadas.

Os populares aseguran compartir o malestar das persoas afectadas, unha preocupación que trasladaron ao Senado “para coñecer se o Goberno de Sánchez está a tomar medidas para mellorar este servizo no municipio”.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...

O prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e...

A UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

José Tomé, que tamén ostenta o cargo de presidente da Xunta Reitora da UNED...

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...