HomePolíticaO PP lucense pregunta no Senado pola siniestralidade na N-120

O PP lucense pregunta no Senado pola siniestralidade na N-120

Afirman os populares que o Executivo de Sánchez confirmou ante as súas preguntas, que na N-120 se rexistraron unha ducia de sinistros durante o ano 2024, "o propio Goberno recoñece a importante sinistralidade desta estrada nacional"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os senadores populares explicaron que a estrada nacional 120, é unha vía de titularidade estatal que une as cidades de Logroño e Vigo. Ao seu paso por Lugo convértese nunha infraestrutura cun nivel de tráfico moi importante, clave e vertebradora do sur desta provincia, en particular das comarcas de Quiroga e Terra de Lemos.

Aseguran que as queixas polo mal estado do seu pavimento multiplícanse nos últimos anos. “É máis que evidente a deterioración acumulada en moitos tramos que presentan fochancas e gretas e que xeran riscos de seguridade viaria. Pequenas obras de parcheo non solucionan estes problemas e demostran carencias de mantemento. Ata a data, ningunha intervención foi capaz de arrombar o firme dunha infraestrutura moi utilizada. Os accidentes son moi frecuentes, xa sexa por picadas de rodas ou saídas de vía. Persoas que viaxan diariamente pola estrada advirten que cada xornada faise máis perigosa a circulación”.

Con estes antecedentes preguntaron no Senado:

  • De cantos accidentes ten constancia o Goberno de España en percorrido da estrada nacional N-120 pola provincia de Lugo durante o último ano? (Indiquen data exacta e número de accidentes que se produciron)
  • Cantos deses accidentes foron como consecuencia de avarías do vehículo, rebentóns ou picadas de rodas, ou vinculados ao mal estado da calzada?
  • Cantas “Follas de manifestación e información a vítimas de sinistros viarios” incoou a Agrupación de Tráfico da Garda Civil nesta estrada durante o último ano?

ÚLTIMAS

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de...

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...