HomePolíticaO PP reclama melloras urxentes no Pazo de Tor

O PP reclama melloras urxentes no Pazo de Tor

Dende o Grupo Provincial Popular continúan coa rolda de visitas aos museos provinciais e os deputados Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto á voceira do PP en Monforte, Katy Varela, e concelleiros populares visitaron este Pazo que é propiedade da Deputación dende 1993

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras revisar hai unhas semanas o estado do Museo Provincial, os deputados do Grupo Provincial Popular, vistaron esta semana o Pazo de Tor que, “atravesa por un momento complicado por mor da falta de mantemento máis básico”, aseguran.

Na visita que realizaron os representantes do PP comprobaron como “o deterioro avanza dentro dun dos espazos culturais máis singulares da provincia, que leva anos sufrindo a deixadez do goberno provincial”. Antonio Ameijide sinala que no transcurso da visita “observamos humidades en distintas estancias do Pazo o que provocou diversos desconchóns nas paredes e nos teitos”.

O voceiro popular explica que o Pazo de Tor “é un ben patrimonial de primeiro nivel, polo que debería de ser coidado con regularidade, algo que non se está a producir polo que presenta un aspecto impropio da súa importancia histórica e cultural”.

O portavoz popular reclamou ao goberno provincial — especialmente ao BNG como responsable da área de Cultura — “un compromiso real co Pazo de Tor, porque a situación actual non só prexudica a imaxe do propio museo, senón tamén a de toda a provincia porque a imaxe que levan os turistas que o visitan é de abandono a pesar da importancia histórica que ten”.

Dende o Grupo Provincial Popular segue a reclamarse que se poña en marcha un plan de mantemento periódico para toda a rede museística provincial, que inclúa reparacións estruturais, control de humidades, renovación de elementos deteriorados e unha supervisión técnica continuada que evite que os edificios que albergan os museos sigan degradándose.

Pazo de Tor deterioro / PP provincial

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...