HomePolíticaCourel Vivo leva a pleno solicitar Servizo de Hospitalización a Domicilio

Courel Vivo leva a pleno solicitar Servizo de Hospitalización a Domicilio

A Hospitalización a Domicilio (HADO) é un servizo esencial que achega atención sanitaria ao fogar, mellorando a calidade asistencial e evitando ingresos hospitalarios innecesarios. Galicia ten unha cobertura estimada do 81 % do territorio, segundo datos oficiais, "e O Courel, como sempre, formamos parte dese 19% da poboación que non ten ese servizo", aseguran. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Hospital Comarcal de Monforte ofrece HADO desde 2016 cun único equipo composto por 1 médico e 3 enfermeiras para atender un distrito de 11 concellos e máis de 45.000 habitantes, cunha poboación moi envellecida, dispersa. “Para alcanzar unha cobertura plena e garantir a igualdade real no acceso á saúde, consideramos que é imprescindible reforzar o persoal da HADO e ampliar a cobertura aos concellos que aínda quedan fóra, como o noso”, afirman desde Courel Vivo. 

O Plan Galego de HADO 2019-2023 establece como obxectivo dar cobertura o 100% do territorio. Concellos como Chantada ou Carballedo, levan tempo negociando coa Consellaria de Sanidade e coa Area Sanitaria contar no seu concello con este servizo. Polo que desde Courel Vivo propoñen tamén demandar este servizo e presentan ao pleno unha moción para tomar os seguintes acordos:  

  • Que desde o 3 grupos do Courel, manifestemos o apoio ó reforzo do servizo de HADO no Distrito de Monforte de Lemos, considerando este recurso esencial para garantir unha atención sanitaria humanizada e en igualdade de condicións. 
  • Solicitar á Consellería de Sanidade e ó SERGAS o reforzo do servizo , o cal permita a cobertura de HADO no noso Concello. 
  • Instar ao SERGAS a incluír o Concello de Folgoso do Courel na área de cobertura operativa da HADO en canto o reforzo de persoal sexa implementado.

ÚLTIMAS

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...