HomePolíticaO Senado insta ao Goberno de Sánchez a deixar de “apagar Lugo”

O Senado insta ao Goberno de Sánchez a deixar de “apagar Lugo”

Balseiro denunciou que “Lugo e a súa provincia son hoxe os grandes esquecidos polo Goberno de Pedro Sánchez. Unha situación que se reflicte nas infraestruturas de transporte e na conectividade. Grandes áreas da nosa provincia carecen de fibra óptica, de redes de datos rápidas e mesmo dunha cobertura mínima de telefonía móbil”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O senador do PP lucense, José Manuel Balseiro, defendeu esta semana na Comisión de Transformación Dixital unha moción do Grupo Popular para reclamar que o Goberno de España garantir o despregamento de infraestruturas de telecomunicacións onde sexan necesarias, avanzar na extensión da fibra óptica e das redes 5G e asegurar o acceso a telefonía móbil e conectividade na totalidade da provincia de Lugo.

Balseiro subliñou que Lugo se atopa hoxe entre as peores provincias do país en cobertura 5G e lembrou que hai concellos cun 0% de cobertura, “como Muras, Negueira de Muñiz ou Folgoso do Courel”.

O senador enumerou exemplos de municipios afectados por deficiencias de conectividade en toda a provincia, no sur da Lugo, “Ribas de Sil, Quiroga, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón ou Chantada”. Balseiro lamentou que, a pesar da xestión de importantes fondos europeos destinados a conectividade, “moitas zonas seguen sumidas nun auténtico apagamento dixital, pola renuncia de adxudicatarios ou a falta de interese da Administración estatal”. Por iso, esixiu ao Executivo central que “non apague Lugo” e que cumpra coa súa obrigación de garantir a cohesión social e territorial.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...