HomePolíticaO BNG insiste en que foi o primeiro en esixir a dimisión...

O BNG insiste en que foi o primeiro en esixir a dimisión de Tomé e fala do “oportunismo do PP”

O BNG de Monforte asegura que foi a primeira forza política en esixir a dimisión inmediata de José Tomé como alcalde no pleno extraordinario celebrado tras coñecerse os feitos e nas sucesivas declaracións públicas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran os nacionalistas que no pasado pleno extraordinario todos os grupos municipais tiveron a oportunidade de fixar posición e esixir a dimisión e “o PP optou polo show, polo ruído e pola estridencia, demostrando unha vez máis que a súa única arma política é a confrontación baleira, fronte á seriedade e á coherencia que require un momento coma este”.

Insisten en que foi o BNG quen puxo sobre a mesa a esixencia política da dimisión e que as declaracións que fan os populares de “querer branquear a Tomé só poden explicarse desde o nerviosismo e o carroñerismo político. O PP non fixo oposición cando tocaba, nin con propostas nin con control político, e agora tenta compensalo con declaracións estridentes e falacias”.

Desde o BNG aseguran levar toda a lexislatura “facendo a oposición máis firme e constante e presentando alternativas en positivo para Monforte. Non imos permitir que un PP monfortino sen proxecto, sen autonomía e sen achegas reais marque a axenda política local, nin aceptamos leccións dun partido que actúa por imposición do PP galego, utilizando Monforte como instrumento dunha estratexia allea á realidade municipal”.

Conclúe o BNG asegurando que seguirá facendo o que fixo desde o primeiro momento:

  • esixir a dimisión de José Tomé
  • defender a dignidade das institucións
  • poñerse do lado da veciñanza
  • e exercer unha oposición seria, coherente e valente, sen oportunismos políticos

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...