HomePolíticaEsperta Monforte demanda en pleno a dimisión de Tomé e da concelleira...

Esperta Monforte demanda en pleno a dimisión de Tomé e da concelleira de Igualdade, “a cidadanía merece respostas”

Esperta Monforte, asegura que "a cidadanía merece respostas."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta ao pleno deste último luns de mes, unha moción na que insta a José Tomé Roca a presentar de maneira inmediata a súa dimisión como alcalde de Monforte e que entregue a súa acta de concelleiro. Insta á concelleira de igualdade a presentar a súa dimisión e pide tamén a moción que se realice unha audotoría interna e xurídica sobre o protocolo de prevención municipal do acoso por razón de sexo.

“A día de hoxe o goberno local non ofreceu explicacións detalladas sobre os feitos denunciados, nin as actuacións internas levaas a cabo polo partido. Esta falta de rendición de contas supón unha falta de respecto institucional e cidadá. Consideramos imprescindible que o alcalde dea un paso atrás mentres non se esclarezan os feitos, garantindo o funcionamento das institucións e preservando a dignidade do concello de Monforte de Lemos”, aseguran desde Interior Galego Vivo.

A formación política conclúe asegurando que “a cidadandía de Monforte de Lemos merece respostas”.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...