HomesociedadeOs senadores populares denuncian "unha parálise de case 3 anos" na N-120

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- consideran “insuficientes” os plans do Goberno de Sánchez para a N-120, porque “non inclúe dobre carril na provincia de Lugo nin se compromete ao arranxo integral da vía”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están en redacción os proxectos para a construción dos carrís adicionais entre Os Peares e Ourense, o Goberno de Sánchez non compromete melloras nos tramos lucenses desta estrada nacional”.

Ademais, lamentan que a resposta oficial se limite a falar dun desdobramento de carrís na provincia de Ourense anunciado en 2023 e aínda non executado; polo que esta actuación que contribuiría a mellorar a comunicación con Ourense “acumula unha parálise de case 3 anos”.

Os populares trasladaron formalmente ao Senado preguntas en relación ás xestións do Goberno de Sánchez para dar cumprimento ao acordo adoptado por unanimidade no Pleno do Concello de Monforte de Lemos para instar tamén ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a rehabilitar o firme da N-120 dende o enlace coa A-6 ata Ourense.

Neste sentido, o Executivo estatal asegura que continuará realizando tarefas de rebacheo nesta estrada nacional en canto o tempo o permita; “pero non compromete prazos nin fala da demandada rehabilitación integral”.

Os populares esixen a “rehabilitación integral do pavimento, a a mellora da sinalización viaria e do trazado da N-120 nos tramos lucenses da estrada”. Teñen anunciado unha iniciativa na que tamén lle esixen ao Goberno de Sánchez que “cumpra o compromiso de desenvolver o terceiro carril entre Guítara (Pantón) e Ourense, así como estudar o desdobramento da vía alí onde sexa tecnicamente viable”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...