HomePolíticaAna Pontón destaca en Sarria o papel estratéxico das explotacións de vacún...

Ana Pontón destaca en Sarria o papel estratéxico das explotacións de vacún e celebra xantar coa militancia

Pontón tamén participou nun xantar organizado pola militancia e polos responsables políticos do BNG en Sarria, -entre eles o concelleiro e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e a concelleira Mónica López-, para coñecer de primeira man as necesidades do concello e da veciñanza e empezar a quentar motores de cara ás eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou este sábado unha explotación de vacún en Sarria, concretamente na parroquia de Chorente, -“hoxe estou na casa”. O sector produce anualmente 95.600 Tm de carne de vacún, das que 23.000 están amparadas pola indicación xeográfica tenreira galega.

“Quero destacar que as explotacións de carne son clave para manter un rural vivo, estratéxicas en termos sociais e ambientais; crean riqueza, crean postos de traballo, fixan poboación e manteñen o territorio coidado e, por tanto, axudan a loitar contra os incendios”, destacou a líder nacionalista.

Pontón considera incomprensible que o goberno de Rueda se plantexe Altri no corazón do rural, “unha macrocelulosa que supón un auténtico torpedo para as explotacións agrogandeiras das comarcas afectadas e pon en risco miles de empregos, na terra e no mar”.

Segundo a portavoz nacional “o PP mantén ocultos os acordos segredos entre a Xunta e ALTRI a través da Sociedade Impulsa. O BNG ten realizadas varias peticións no Parlamento e presentou recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza reclamando o acceso a esa documentación, recurso que acaba de ser aceptado a trámite”, polo que esperan ter pronto acceso a esa información.

Ana Pontón considera que outra ameza ao sector agrogandeiro que conta co apoio do PP é o acordo UE-Mercosur que coloca ós produtores de carne na indefensión e nunha posición de competencia desleal. O sector galego produce con estándares ambientais, sanitarios e de benestar animal máis estritos que os que se aplican nos países do Mercosur, que teñen menos costes o poden abaratar prezos. “Nunha Galiza na que predominan explotacións de tamaño medio, unha caída do prezo pode supoñer a diferencia entre viabilidade ou peche”, recalcou.

Afirman os nacionalistas que comparten as críticas e preocupacións dos produtores e produtoras de carne, e por iso votan en contra do acordo no Parlamento galego, no Congreso e na Eurocámara e demandan ao goberno da Xunta e ao goberno do Estado que rectifiquen e se poñan do lado dun sector estratéxico para Galiza. “Dicimos non ao acordo Mercosur para dicir si os nosos produtores”, recalcou.

Ana Pontón visita Sarria / BNG

Cita coa militancia en Sarria

Pontón tamén participou nun xantar organizado pola militancia e polos responsables políticos do BNG en Sarria, -entre eles o concelleiro e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e a concelleira Mónica López-, para coñecer de primeira man as necesidades do concello e da veciñanza e empezar a quentar motores de cara ás eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro ano.

Unha cita coas urnas á que a formación nacionalista dá a máxima importancia para avanzar en apoio social e electoral, “Ese modelo é o que tamén queremos para Sarria e queremos dar un salto adiante tanto neste concello como no conxunto da comarca, con moitas expectativas porque temos persoas comprometidas, traballadoras e imos ir ás próximas eleccións municipais co empeño de incrementar as alcaldías e tamén de mellorar a nosa representación”.

“Temos un modelo municipal de éxito que consegue que haxa máis desenvolvemento rural, mellor calidade de vida, cunha aposta clara polos servizos públicos e con ese modelo imos pedirlle a confianza nas próximas eleccións locais ós veciños e veciñas de Sarria e da súa comarca”, concluíu.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...