HomePolíticaBNG e PP denuncian o estado da N-120 e esixen a súa...

BNG e PP denuncian o estado da N-120 e esixen a súa reparación urxente

O BNG de Monforte levará ao vindeiro pleno municipal unha moción para esixir ao Ministerio de Transportes a reparación urxente e integral da N-120 no treito Quiroga–Alto de Guítara, vía estratéxica para a comarca e hoxe nun estado inasumible.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte reclamará un calendario de obras con dotación real e actuacións inmediatas nos puntos negros. “Falamos de seguridade, emprego e futuro; o Estado ten unha débeda coa N-120 e Monforte merece solucións definitivas”, aseguran.

Os recentes cortes de carril no propio termo municipal evidencian anos de abandono e parcheos inútiles. Segundo o BNG, o Concello de Monforte, como principal institución afectada, debe tomar cartas no asunto “e liderar unha resposta firme en defensa da súa veciñanza”. Tamén o BNG Lugo Sul presentará esta iniciativa en todos os concellos da comarca por onde pasa esta infraestructura viaria.

Mentres desde o grupo municipal do PP lamentan o estado da estrada que se viu agravado polas intensas choivas rexistradas, provocando numerosos incidentes e danos en vehículos.

Unha das fochancas que hai na N-120. Foto: XdL

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, “en maio do ano pasado presentamos unha iniciativa no pleno solicitando o arranxo urxente do firme da N-120, especialmente no seu trazado pola nosa comunidade autónoma, moción que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos políticos da corporación, contando incluso co apoio explícito do alcalde, pero que vemos non tivo repercusión algunha porque o Goberno de Pedro Sánchez nada fixo”, sinalou.

A realidade é que non se levou a cabo ningunha actuación desde entón. A falta de mantemento e de investimentos tradúcese hoxe nunha estrada practicamente intransitable nalgúns tramos, onde nas últimas semanas se teñen producido decenas de incidencias que afectan á seguridade viaria, polo que esixen explicacións e actuacións inmediatas por parte das administracións competentes.

ÚLTIMAS

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con...

Paulino Fierro Cadórniga: “O regreso desde a India non foi sinxelo, de súpeto había unha guerra entre eu e o meu fogar”

O que nos levan demostrado as guerras é que son imprevisibles, están fóra de...