HomePolíticaO PP leva á Cámara Alta a "parálise da A-56 e o...

O PP leva á Cámara Alta a “parálise da A-56 e o abandono da N-540”

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-, denunciaron este xoves a absoluta falta de compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coas infraestruturas viarias da provincia, en especial coa autovía Lugo–Ourense (A-56) e coa estrada nacional N-540, “hoxe convertida nun auténtico perigo para os usuarios polo desleixo e a falta total de mantemento”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os senadores populares alertan de que a A-56, unha infraestrutura estratéxica para vertebrar o interior de Galicia e conectar dúas capitais de provincia, leva anos completamente paralizada. Desde setembro de 2020 só se puxeron en servizo 8,8 quilómetros da autovía, mentres o resto dos tramos continúan bloqueados, con tramitacións administrativas paralizadas e declaracións de impacto ambiental caducadas. “Cinco anos despois, o balance é demoledor: propaganda cero, obras cero e compromisos cero”, subliñan.

Os senadores do PP de Lugo advirten de que aínda é máis grave o estado “terceiromundista” da N-540, a vía que actualmente soporta todo o tráfico entre Lugo e Ourense. Entre 2020 e 2024 rexistráronse 877 accidentes nesta estrada, 102 deles directamente relacionados co mal estado do firme. “Estamos a falar dunha vía perigosa, abandonada e sen unha reforma integral real, a pesar dos anuncios baleiros do Goberno”, afirman.

Poñen como exemplo o tramo de Pereira, en Chantada, “onde o Ministerio se limita a colocar sinais amarelas e conos para advertir do desastre, pero sen executar as obras necesarias. Isto non é mantemento, é unha tomadura de pelo aos usuarios”, critican.

Os representantes lucenses consideran “inadmisible que, mentres o Goberno do Estado bloquea a autovía A-56, tampouco é capaz de garantir unhas condicións mínimas de seguridade na N-540, a única conexión por estrada entre Lugo e Ourense”. Neste contexto, o PP rexistrou unha moción no Senado para esixir ao Goberno que manteña a A-56 como autovía de altas prestacións, que presente un cronograma real con prazos e orzamentos e que execute de maneira urxente unha rehabilitación integral da N-540.

ÚLTIMAS

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con...

Paulino Fierro Cadórniga: “O regreso desde a India non foi sinxelo, de súpeto había unha guerra entre eu e o meu fogar”

O que nos levan demostrado as guerras é que son imprevisibles, están fóra de...