HomePolíticaO PP esixe do Goberno do Estado unha intervención "integral e inmediata"...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados no Congreso do PP de Lugo – Francisco Conde, Jaime de Olano e Cristina Abades –, de xeito conxunto cos deputados do PP de Ourense – Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana –, presentan unha iniciativa parlamentaria para esixir ao Goberno de España unha intervención "integral e inmediata" na estrada nacional N-120. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e Ourense, atópase nun estado de abandono que pon en risco a seguridade viaria dos usuarios. A N-120 carece de calquera alternativa de alta capacidade no tramo que vai desde a cidade de Ourense ata o límite coa provincia de León, atravesando comarcas clave na provincia de Lugo, como Quiroga ou Monforte de Lemos. 

Lembran os populares que a falta de avances na autovía A-76, pola “desidia” do Executivo socialista, obriga a miles de lucenses a transitar diariamente por un firme cheo de fochancas. “A situación empeorou de xeito substancial nos dous primeiros meses de 2026 debido aos constantes temporais, que remataron por desfacer o asfalto, xa moi deteriorado”, sinalan os deputados. 

A iniciativa recolle testemuños de usuarios e crónicas nos medios de comunicación, nas que se cualifica a circulación por esta estrada como unha “montaña rusa” de saltos e vibracións, especialmente en puntos críticos como o tramo entre a entrada de Quiroga e Abrence. Destacan que as fochancas, en moitos casos sen sinalizar e de gran profundidade, están a causar un “regueiro de incidencias” e avarías diarias. “Hai condutores que sofren rebentóns de rodas e roturas de amortecedores nada máis saír do taller; os talleres da zona incluso están a quedar sen existencias de pneumáticos pola alta demanda de reparacións”, expoñen. Con todo solicitan:

  • Un Plan Integral de Rehabilitación que permita a posta en marcha dunha planificación extraordinaria con partidas orzamentarias plurianuais para arranxar o firme, muros, taludes e obras de paso.
  • Garantir un mantemento preventivo  cunha conservación estrutural e profesional da vía que evite os “parches”.
  • Que o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible asuma a responsabilidade patrimonial para facerse cargo dos gastos de reparación dos vehículos que sufriron danos causados polo pésimo estado da calzada.

“Os lucenses e ourensáns non poden seguir xogando a vida e o peto cada vez que collen o coche para ir traballar ou acudir ao médico. É hora de que o Ministerio asuma a súa responsabilidade”, conclúen.

ÚLTIMAS

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...