HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón denuncia que levan desde mediados de...

O PP da Pobra do Brollón denuncia que levan desde mediados de decembro sen plenos

O voceiro do PP da Pobra do Brollón, Teddy López, denuncia que levan case tres meses sen celebrar pleno algún xa que “o último que tivemos foi o 18 de decembro e dende entón non houbo ningún máis, a pesar de que ten que convocalo cada dous meses, tal e como se aprobou no pleno de organización”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Teddy López critica que esta forma de actuar está a estenderse por aqueles municipios gobernados por PSOE e BNG xa que “tivemos conversas con compañeiros doutras localidades e comprobamos como tamén están a sufrir este tipo de decisións antidemocrácticas, que están a vulnerar os nosos dereitos e os de todos os veciños”.

O voceiro popular considera que o alcalde “non ten escusa máis que boicotear parte da nosa labor de fiscalización e evitar render contas e someter a control a súa xestión”.

Teddy López afirma que se trata dunha decisión que “pode chegar a paralizar a actividade municipal xa que hai decisións, como a aprobación ou non dos orzamentos, que se teñen que tomar no pleno”.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...