HomePolíticaO PP esixe ao Goberno de Sánchez a mellora integral da N-120

O PP esixe ao Goberno de Sánchez a mellora integral da N-120

O Parlamento de Galicia aproba, na Comisión de Infraestruturas, sen ningún voto en contra a iniciativa do Grupo Popular a instancia das deputadas Katy Varela e Raquel Arias que inclúe tamén a construción dos terceiros carrís prometidos polo Goberno de Sánchez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular esixe a mellora integral da N-120 “non parches, o seu estado provoca múltiples rebentóns nos vehículos polas fochancas que seguen a aparecer, especialmente, entre Monforte e Sober”.

A portavoz municipal de Monforte e deputada autonómica Katy Varela apunta que “nesta mesma Cámara se aprobou por unanimidade fai case un ano unha iniciativa que instaba ao Goberno central a que levar a cabo unha mellora integral da N-120 entre Valdeorras e Ourense, destinando a tal fin, os fondos precisos e incorporando terceiros carrís de adiantamento”. Pero “ata o de agora fixo entre pouco e nada: un mísero intento por facer pequenas e tímidas reparacións no termo municipal de Quiroga.

“Seguimos agardando a súa rehabilitación integral para garantir un correcto estado que asegure aos seus usuarios un mínimo de seguridade viaria”, engade. A deputada popular porque considera insuficiente o orzamento anunciado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para a rehabilitación de case 1000 km en vías de Ourense e Lugo e incide en que “xa había problemas antes dos temporais deste inverno. Non é nada novo”, subliñou.

Varela engadiu que “tamén é esencial que se materialice o proxecto que dote de carrís adicionais á N-120 entre os puntos quilométricos 548,8 e 564,0” e, con respecto ao seu atraso, considera que “pon de manifesto a inacción do Goberno socialista” e as súas “promesas incumpridas” toda vez o proxecto de trazado foi aprobado en xaneiro do 2023, pero “as previsións non son optimistas”.

“Nada se sabe do proxecto construtivo e da licitación das obras, a pesar de que nesta mesma sala, en abril do ano 2025, se instara por todos os grupos ao Goberno central a dotar á N-120 de terceiros carrís dende Ourense ata Nogueira”, engadiu.

ÚLTIMAS

Atopan o corpo do mozo desaparecido en kayak nos Peares

O cadáver foi detectado por un dron da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Tras o...

O obradoiro de emprego A Pinguela III impartirá módulos de carpintaría e albanelaría de urbanización

O obradoiro dual de emprego A Pinguela III creará 24 postos de traballo durante...

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería...

Por Chantada lamenta que o PP votara en contra de establecer bonificacións sociais no IVTM para persoas con discapacidade e as súas coidadoras

A moción, que presentou Por Chantada, basébase na posibilidade legal que teñen os concellos...