HomePolíticaA oposición volve a esixir en pleno a dimisión inmediata de Tomé...

A oposición volve a esixir en pleno a dimisión inmediata de Tomé trala querela da Fiscalía

PP, BNG e Esperta Monforte votaron a favor das iniciativas presentadas a pleno esixindo a dimisión de José Tomé. As mocións non sairon adiante ao votar en contra o PSOE e o propio alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte volveu reclamar no pleno deste luns a dimisión inmediata de José Tomé como alcalde de Monforte. Durante o pleno, a voceira popular, Katy Varela, explicou que tras confirmarse que a Fiscalía interpuxo unha querela contra o alcalde, iniciando o correspondente trámite xudicial por presuntos delitos graves, “consideramos que a súa permanencia no cargo é insostible e indigna”.

“Pedimos a súa dimisión por lealdade, por hixiene democrática, pola imaxe de Monforte e por decoro institucional. Conceptos que o señor Tomé demostrou non posuír”, explicou. Varela fala de fata de ética por parte do alcalde “ao utilizar a traballadoras municipais para intentar lavar a súa imaxe pública, recordando o sucedido no pleno de decembro. Puxo en perigo a reputación desas persoas só para salvar a súa”.Katy Varela tamén recordou como o alcalde “non tivo rubor algún para, no pleno de xaneiro, aprobar o decreto da vergoña, subirse o soldo ao máximo permitido.Mentres en Monforte ten o salario máximo, ten un sobresoldo cobrando como non adscrito na Deputación”, denunciou. “E para asegurarse o salario, José Tomé aumentou en 50€ as dietas dos concelleiros socialistas para asegurar o peche de filas e garantir a nómina”, afirmou Katy Varela durante o pleno.

Katy Varela tamén aproveitou para preguntar a José Tomé “por que non se querelou de inmediato contra as acusacións vertidas sobre el se eran falsas”. “Se a min me acusan nun medio de comunicación de dar postos a dedo a cambio sexo, ao día seguinte estou no xulgado”, afirmou.”A hipocrisía de Tomé levouno a non aplicarse a el mesmo a mesma vara de medir que pedía para os demais, xa que no seu día esixiu a dimisión de cargos do PP por casos que nin sequera chegaran ao xulgado”, conclúe a voceira popular.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...