HomePolíticaMiguel Tomé toma posesión como concelleiro de Medio Ambiente, Parques e Xardíns

Miguel Tomé toma posesión como concelleiro de Medio Ambiente, Parques e Xardíns

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de asinar a modificación do decreto de delegación de competencias nos membros do Equipo de Goberno para asignar as funcións correspondentes ás áreas de Medio Ambiente e Parques e Xardíns ao concelleiro Miguel Tomé López, que tomou posesión do seu cargo como edil no Pleno ordinario celebrado este luns, 30 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Miguel Tomé López incorpórase á Corporación Municipal logo da renuncia por motivos persoais de Margarita López, Concelleira de Muller e Igualdade, que se fixo efectiva no Pleno do mes de febreiro e cuxas atribucións foron delegadas polo Alcalde na Concelleira Regina López, responsable tamén de Consumo.

As competencias de Medio Ambiente e Parques e Xardíns recaían ata o de agora no Concelleiro José Luis Losada, que mantén a súa responsabilidade nas áreas de Obras, Medio Rural e Servizos (abastecemento de auga, saneamento, recollida de lixo, limpeza viaria, cemiterio e iluminación pública). Miguel Tomé López xa foi Concelleiro de Medio Ambiente no anterior mandato.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...