HomePolíticaO PP esixe respostas sobre o atraso na apertura da residencia da...

O PP esixe respostas sobre o atraso na apertura da residencia da Pobra do Brollón

Os deputados Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López, visitaron as obras da residencia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antonio Ameijide amosou a súa preocupación pola falta de data para rematar definitivamente todos os trámites e cando vai a poder usarse a residencia, así como “por que PSOE e BNG non aclaran os motivos da demora a apertura se as obras xa están concluídas”

Ameijide lamenta que esta residencia non aparece en ningún punto das ordenanzas recentemente aprobadas na Deputación, “pero entendemos que se aplicaría a nova ordenanza de prezos, así que lle Terán que explicar aos veciños que lles van subir un 60% o viste das prazas con respecto ao que lles prometeron, 1.790€ para unha persoa válida e 2.200€ para unha persoa dependente”

O voceiro popular confirma que “eses prezos son prohibitivos e inasumibles nunha zona como A Pobra do Brollón, onde a renda per cápita e a pensión media non chegan, en moitos casos, nin para cubrir a metade do custo dunha praza nesas condicións”

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...