HomePolíticaCourel Vivo leva a pleno actuar con urxencia ante as mimosas

Courel Vivo leva a pleno actuar con urxencia ante as mimosas

Courel Vivo asegura que non se pode seguir mirando cara outro lado "mentres as mimosas avanzan sen control polo noso concello, como xa ocorre noutros lugares".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación política lembra varias actuacións illadas, maioritariamente de voluntariado e asegura que desde o ano 2022 o Concello cobrou unha axuda de 60.531€ da Xunta de Galicia, ligada ás reservas da biosfera de Galicia e lamenta que “non se volveran solicitar actuacións para tal fin”.

A mimosa é unha praga invasora que, se non se combate con constancia, vai gañando terreo pouco a pouco, desprazando a vexetación autóctona e degradando o monte. E iso queren evitar con esta moción e conseguir que o concello actúe tódolos anos na eliminación desta praga, cunha planificación seria e continuada no tempo.

“As especies invasoras non se frean con actuacións soltas nin con boa vontade puntual: freánse con compromiso, con traballo e con continuidade. O Courel merece que se coide o territorio antes de que o problema sexa moito maior e máis difícil de atallar”, conclúen.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...