HomePolíticaO PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os representantes do PP na Cámara Baixa por ambas provincias volveron unir forzas para reclamar a rehabilitación integral do firme e as medidas necesarias para garantir a seguridade dos usuarios ao circular por esta estrada nacional que comunica as cidades de Lugo e Ourense, sen outra alternativa de altas prestacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o Goberno de Sánchez non comprometa unha data para o remate da totalidade das obras de rehabilitación do firme da N-540, a pesar do seu deplorable estado. Os populares condenan a “parca e decepcionante resposta” do Goberno de Sánchez que se limita a dicir que “desde finais do mes de febreiro o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible está a traballar na reparación do firme da N-540”, sen dar resposta ás preguntas concretas formuladas polos deputados no Congreso.

As obras de rehabilitación estrutural do firme da estrada N-540 entre os p.k. 0,0 e p.k. 68,9 por parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible deron inicio en abril de 2024 e aínda non están rematadas. Francisco Conde lembra que este duro inverno, cunha situación meteorolóxica moi adversa, provocou que o estado da N-540 sexa “aínda máis penoso” polo que cre “urxente” acometer os traballos na totalidade da vía. Atendendo á promesa do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, sobre o arranxo desta vía; o popular agarda que “sexa unha realidade máis pronto que tarde”.

Por agora, o popular condena que “o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible se negase a dar información sobre a relación detallada das obras executadas no tramo entre Lugo e Chantada, nin sobre as obras executadas do tramo entre Chantada e o límite da provincia de Ourense”. Tampouco confirmou se o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible se fará responsable dos gastos de reparación dos danos que están sufrindo os vehículos que transitan pola N-540 chea de fochancas e, incluso, con carrís cortados debido ao seu grave deterioro.

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...