HomePolíticaO PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

O PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Monforte de Lemos defenderán no vindeiro pleno unha moción para instar ao equipo de goberno a actuar de maneira urxente na mellora e mantemento das beirarrúas da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, aínda que nos últimos anos se realizaron numerosas actuacións de asfaltado nas rúas de Monforte “non se pode dicir o mesmo do estado das beirarrúas, que presentan importantes deficiencias e supoñen un risco para os viandantes”.

Neste senso, a voceira popular denuncia que existen numerosos tramos en mal estado en vías como a Rúa Ourense, a Rúa Compañía, a Rúa Eduardo Pondal, a Rúa Morín ou a Rúa Roberto Baamonde, entre outras. Varela considera que “é unha prioridade garantir a seguridade dos peóns” e lamenta que o goberno local “centre os seus esforzos en mellorar o pavimento e os espazos reservados aos vehículos, mentres descoida os espazos destinados ás persoas”.

Katy Varela recorda que existen recursos económicos suficientes para afrontar estas actuacións, trala aprobación recente dun suplemento de crédito con cargo aos remanentes municipais, polo que “propoñemos que se destinen fondos á reparación e mantemento das beirarrúas, comezando polas zonas que presentan un maior deterioro”.

A voceira popular insiste en que “é necesario un plan de mantemento continuo que evite o abandono progresivo das infraestruturas peonís e garanta unha cidade máis accesible e segura para todos”.

ÚLTIMAS

Arantza Portabales presenta “Asasinato no muíño do cura” este 25 de abril no Ateneo Casino de Monforte

A recoñecida escritora, Arantza Portabales, unha das voces máis consolidadas da novela negra en...

O Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con 1.900 € en premios

O Concello de Monforte prepárase para a súa cita cunha das tradicións primaverais que...

Atopan o corpo do mozo desaparecido en kayak nos Peares

O cadáver foi detectado por un dron da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Tras o...

O obradoiro de emprego A Pinguela III impartirá módulos de carpintaría e albanelaría de urbanización

O obradoiro dual de emprego A Pinguela III creará 24 postos de traballo durante...