HomePolíticaO BNG de Monforte presenta unha moción para a ampliación e mellora...

O BNG de Monforte presenta unha moción para a ampliación e mellora da área de autocaravanas

Na actualidade, Monforte conta cunha área con arredor de 20 prazas, "unha cifra claramente limitada tendo en conta o crecemento do turismo en autocaravana e o papel da cidade como capital da Ribeira Sacra. Ademáis, esta zona presenta carencias en servizos básicos, o que reduce a súa capacidade de atraer e reter visitantes", aseguran desde o BNG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte levará a pleno unha moción para a ampliación e mellora da área de autocaravanas existente na cidade, porque consideran que a infraestrutura actual quedou pequena e insuficiente para dar resposta á demanda. Lembran que o turismo en autocaravana está en pleno auxe, con milleiros de vehículos en circulación no Estado e un crecemento sostido en toda Europa.

Neste contexto, a Ribeira Sacra está a posicionarse como un destino atractivo para este tipo de turismo, cunha rede de áreas repartidas por distintos concellos, pero con capacidades moi reducidas na maioría dos casos, o que incrementa a presión sobre puntos clave como Monforte. O concelleiro do BNG en Monforte, Manuel Luaces, advirte que “o problema non é que non veñan autocaravanas a Monforte, o problema é que non estamos preparados para acollelas en condicións. Estamos a falar dun turismo que xa está aquí, que consume no comercio local e na hostalaría, e que non require grandes investimentos para xerar retorno económico”.

Neste sentido, o BNG propón:

  • A ampliación da área actual ou a creación dunha nova zona con maior capacidade
  • A dotación de servizos básicos como auga, baleirado, iluminación e conexión eléctrica
  • A integración desta infraestrutura nunha estratexia turística ligada á Ribeira Sacra

“Monforte ten unha posición privilexiada como porta de entrada á Ribeira Sacra, pero non abonda con telo, hai que estar á altura”, sinalou Luaces. Dende o BNG consideran que non actuar nesta materia supón perder oportunidades económicas reais, xa que moitos visitantes vense obrigados a marchar a outros concellos por falta de espazo ou de condicións axeitadas. “Non estamos propoñendo crear unha demanda, estamos respondendo a unha realidade que xa existe. Ou nos adaptamos ou quedamos atrás”, conclúe o concelleiro nacionalista.

ÚLTIMAS

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...