HomePolítica7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

Os deputados populares, Raquel Arias e Enrique Barreiro, mantiveron unha xuntanza coa veciñanza de Rubián, en Bóveda, onde puxeron en valor esta axuda, impulsada polo Goberno galego, cunha achega de 5.000€ ao ano para todos os dependentes que son atendidos nas súas casas, por un familiar ou unha persoa da súa contorna, con independencia do grado de dependencia recoñecido ou da renda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a ter na provincia de Lugo e o cal beneficia xa a 7.651 persoas en situación de dependencia, tras dous anos en vigor. Neste ano o Bono Coidado reforzouse con 179M€ –un 52% máis que o ano pasado-.

Por outra banda, a portavoz de Política Social, Raquel Arias, destacou o investimento de 845M€ que o Goberno galego destina á atención á dependencia e á mellora dos servizos sociosanitarios, –un 17% máis que no 2025-; fronte ao Goberno central, “o Executivo de Pedro Sánchez volve reducir esta achega, segundo os datos de 2025, a Administración central diminuíu a súa contribución ata o 32,9%; uns datos moi afastados do 50% que lle obriga a lei. Deste xeito, a débeda que acumula con Galicia nesta materia chega aos 3.000M€”.

Asemade, Enrique Barreiro puxo en valor os 10.000 galegos máis que, nesta lexislatura, recibirán o Bono Coidado, e o remate, neste primeiro semestre do ano da primeira fase do Plan de residencias e centros de día, que permitirá a apertura de 24. A provincia de Lugo conta, na actualidade, con máis de 16.680 persoas dependentes atendidas.

ÚLTIMAS

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...