HomePolíticaO BNG de Monforte pide explicacións á CHMS polas actuacións previstas en...

O BNG de Monforte pide explicacións á CHMS polas actuacións previstas en Vilanova

A finais do pasado mes a deputada autonómica e portavoz do Partido Popular de Monforte, Katy Varela, defendeu no Parlamento de Galicia unha iniciativa para reclamar á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que cumpra coas súas obrigas de mantemento e limpeza dos ríos e regatos da súa competencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte vén de rexistrar unha solicitude de información dirixida á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para aclarar a actuación que se está a levar a cabo na contorna de Vilanova, no río Cabe. A Confederación ten prevista a execución dunha serie de actuacións de emerxencia destinadas a reparar os danos provocados polos temporais deste inverno nas beiras do río ao seu paso por Monforte, cun investimento próximo aos 990.000 euros. Estas intervencións localizaríanse entre a zona do Club Fluvial e a parroquia de Ribas Altas.

O BNG asegura que “entende e comparte a necesidade destas obras de acondicionamento e recuperación das marxes tras as medradas do río. Porén, considera absolutamente inxustificable o destrozo que se está a producir na zona de Vilanova, afastada do ámbito previsto das actuacións”.

Tras recibir avisos da veciñanza e realizar unha visita á zona, a formación nacionalista puido comprobar que na contorna de Vilanova se están a desenvolver movementos de terra de gran envergadura sen aparente relación cos traballos anunciados. “Estamos a falar dunha actuación que está a provocar unha alteración moi significativa das beiras do río nunha zona de alto valor ambiental e social, como é Vilanova, sen que exista unha explicación clara que a xustifique”, sinala Manuel Luaces Fernández.

Lembran desde o BNG que aproximadamente a metade da zona de Vilanova é propiedade do Concello de Monforte, polo que se pregunta se o goberno local ten coñecemento das actuacións que se están a levar a cabo. A outra metade dos terreos pertence a un particular, quen, segundo a información recollida, descoñecía totalmente a actuación executada ao non ter recibido ningún tipo de notificación previa. “Estamos ante unha situación moi preocupante: actuacións de gran impacto sobre dominio público e propiedades privadas sen información clara nin constancia de comunicación ás persoas afectadas”, engade Luaces.

A formación nacionalista denuncia tamén a falta de información pública sobre estes traballos. “O cartel existente na obra non inclúe nin número de proxecto nin referencia a ningunha licenza municipal e, ademais, fai mención a unha actuación en Sambade, unha zona distinta e situada augas arriba, o que xera aínda máis confusión”, explica.

O PP demanda que a CHMS cumpra coas súas obrigas de mantemento e limpeza dos ríos

A finais do pasado mes a deputada autonómica e portavoz do Partido Popular de Monforte, Katy Varela, defendeu no Parlamento de Galicia unha iniciativa para reclamar á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que cumpra coas súas obrigas de mantemento e limpeza dos ríos e regatos da súa competencia.

A deputada popular denunciou que a falta de limpeza en ríos e regatos provocou situacións de risco e danos materiais en distintos puntos, como ocorreu en Monforte, “onde varios barrios sufriron inundacións debido á acumulación de maleza, troncos e obstáculos que impedían o correcto fluxo da auga”.

A popular subliñou tamén a diferenza de actuación entre a CHMS e Augas de Galicia, destacando que “o organismo autonómico conta cunha planificación continua e investimentos estables para o mantemento dos ríos, mentres que a confederación estatal carece de medios permanentes suficientes”. Con todo pedía que a Xunta se dirixa á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que leve a cabo unha correcta actuación de mantemento e limpeza dos ríos e regatos da súa competencia, ao tempo que solicita aos concellos que actúen nos tramos que lles corresponden.

Katy Varela Parlamento / PP

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...