HomePolíticaO BNG denuncia o abandono da atención pediátrica no sur da provincia...

O BNG denuncia o abandono da atención pediátrica no sur da provincia e reclama un servizo estable

O servizo pediátrico atende en toda a comarca a máis de 1000 crianzas cunha media de nacementos de 3/mes e con axendas nos Centros de Saúde que poden superar de media 25 cativas/día.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área sanitaria de Monforte conta cun servizo de pediatría insuficiente que leva anos reducindo o número de pediatras, e “despois
queremos nacementos, ou realmente queremos pechar as aldeas?” -manifesta Rosana Prieto Florines, responsable comarcal do BNG comarcal que explica que Pantón xa perdeu este servizo, polo que “algúns dos nosos veciños van a Monforte e outros ao Saviñao porque cambiaron o médico, o que lle fai perder a Ferreira movemento e vida”-, lamenta.

O BNG asegura que ata hai unha semana contábase cunha pediatra itinerante que colleu a baixa e seguramente sexa un proceso de longa duración, esta facultativa repartía o seu horario entre varios Concellos, e día de hoxe solución facilitada por Dirección do Sergas é: “Derivar o xoves 28 de maio do 2026 derivas ás crianzas do Saviñao a Chantada en quenda de tarde en modalidade de prolongación de xornada de 4 horas; o mércores 03 de xuño do 2026 citar ás de Bóveda, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Folgoso de Courel e Quiroga no Centro de Saúde de Monforte, cunha xornada de prolongación de xornada de 2 horas; e o xoves día 04 de xuño, volven prolongar a xornada 4 horas en Chantada para as crianzas do Centro de Saúde do Saviñao” .

Os nacionalistas rexistraron unha iniciativa para a reposición da pediatra que está de baixa “porque isto que lle propoñen ás familias é menos ca un parche, e está a xerar un caos en moitas casas por causa da conciliación e os desprazamentos. Aumenta a carga de traballo dos profesionais de Monforte e Chantada que se ven sometidas a longas xornadas, empeora a calidade asistencial así como as condicións de traballo das pediatras”.

“O problema é a folla de ruta do Sergas no sur de Lugo, en consoante co resto de políticas de abandono da xente e da falta de servizos, nomeadamente nas aldeas, convídanos cada día a marchar, chámase desidia gubernamental”, conclúe Rosana Prieto Florines.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...