HomePolíticaO PP pon a Daveiga como exemplo de eficiencia e competitividade no...

O PP pon a Daveiga como exemplo de eficiencia e competitividade no rural

Os deputados provinciais visitaron as instalacións en Chantada, xunto co alcalde da localidade, para coñecer o proceso de produción das súas famosas galletas Mariñeiras e o seu modelo de sociedade laboral

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados populares coñeceron todo o proceso produtivo destas galletas, ademais de interesarse polo funcionamento interno da empresa e a súa estrutura e organización, xa que a maior porcentaxe de títulos da empresa pertence aos propios traballadores, ao nacer baixo a fórmula de sociedade laboral. Desde o PP destacan que este modelo empresarial “demostra que é posible desenvolver unha actividade industrial eficiente e competitiva no corazón de Galicia, mantendo un compromiso inquebrantable co emprego de calidade, o desenvolvemento local e a sostibilidade”.

Coñeceron o proceso produtivo, que lle deu unha nova vida a un produto tradicional, o pan de mariñeiro, pero realizando un produto moderno e saudable, que deu como resultado un pan crocante de longa duración, libre de aditivos artificiais e azucres engadidos, que se adaptou á perfección ás demandas do consumidor actual.

As Mariñeiras de Daveiga romperon fronteiras e conquistaron os lineais de toda a Península e de diversos mercados internacionais. “Un novo exemplo de que dende o rural de Lugo se poden facer produtos interesantes e capaces de competir en todos os mercados, sendo un motor de dinamización para o rural, demostrando que a calidade, o respecto pola saúde do consumidor e os valores éticos son a mellor estratexia de éxito”, destacaron.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...