HomePolíticaO PP de Monforte demanda un plan de actuación para a mellora...

O PP de Monforte demanda un plan de actuación para a mellora integral do barrio de Cobas

Os concelleiros populares recordan que este barrio é un dos que conta con máis poboación en Monforte, xa que medrou de forma importante nos últimos anos. “A pesar deste crecemento, o goberno de Tomé non lle presta a atención que merece, amosando unha imaxe de abandono e de falta de atención”, lamentaron.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran os populares que os veciños do barrio trasladaron en numerosas ocasións as súas reclamacións e queixas ao equipo de goberno.

As demandas e reclamacións teñen que ver coa creación dun local social para levar a cabo reunións e actividades, mellorar a comunicación para a organización da festividade anual do barrio. Reclámase a mellora de infraestruturas deterioradas como beirarrúas, barandas e elementos redutores da velocidade para mellorar a seguridade na zona.

Esíxese para a zona maior aseo das fincas públicas e acabar cos problemas das verteduras ao río. “Falamos dun barrio próximo ao centro urbano, pero cunha falta de mantemento alarmante”, explicaron, motivos polos que os concelleiros do PP de Monforte defenderán que o Concello impulse un plan de actuación para a mellora das infraestruturas da zona.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...