HomePolíticaCourel Vivo leva a pleno crear transporte público para "acabar co illamento...

Courel Vivo leva a pleno crear transporte público para “acabar co illamento do municipio”

Desde C@urel Vivo xa teñen reclamado a necesidade de mellorar o transporte público no municipio ao non contar con ningunha liña de transporte regular e só dispor de taxis. "Esta falta de transporte mingua mobilidade da veciñanza e fai difícil que se afinque poboación", aseguran. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Courel, a mobilidade é limitada, con servizos escasos, conexións insuficientes e fórmulas que non resolven os desprazamentos de adultos e mozos. A veciñanza segue sen contar cun transporte público regular e útil para cuestións tan básicas como acudir a servizos, realizar xestións, acceder a atención sanitaria ou desprazarse con normalidade sen depender obrigatoriamente do vehículo particular.

“Esta situación resulta especialmente grave no caso da mocidade e do alumnado que quere continuar os seus estudos fóra do concello, xa que non existe unha conexión pública suficiente e adaptada ós horarios reais de formación. Esta é unha nova barreira para vivir no rural e unha mostra máis do illamento que padecen territorios como o noso”, aseguran.

A formación política demanda que a situación sexa atendida, en primeiro lugar, pola Xunta de Galicia, que é a administración competente en materia de transporte público autonómico por estrada, “Pero tamén consideramos necesario implicar ao Goberno de España, para que habilite liñas de apoio económico específicas ó transporte público no rural. Sen mobilidade pública útil, non hai igualdade real entre quen vive no rural e quen vive nun núcleo urbano”.

Con todo, Courel Vivo propón:

  • Instar á Xunta de Galicia a poñer de maneira urxente un  transporte público no concello de Folgoso do Courel, garantindo un servizo regular, útil e adaptado ás necesidades reais da veciñanza.
  • Solicitar á Xunta de Galicia que esa mellora inclúa conexións eficaces que permitan ao alumnado do concello desprazarse en condicións dignas para cursar estudos fóra do Courel, con horarios compatibles coa actividade lectiva.
  • Instar ao Goberno de España, a través do Ministerio competente en materia de transportes e mobilidade, a habilitar, reforzar ou priorizar programas de apoio económico ó transporte público no rural, co fin de facilitar solucións reais en concellos con especiais dificultades de mobilidade e risco de illamento territorial, como Folgoso do Courel.
  • Solicitar ó Goberno de España que teña en conta a singularidade dos concellos rurais de montaña á hora de deseñar políticas públicas e liñas de financiamento en materia de mobilidade, para evitar que queden excluídos de facto dos mecanismos ordinarios de apoio ao transporte público.
  • Dar traslado deste acordo á Xunta de Galicia, á consellería competente en materia de mobilidade, ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible e aos grupos parlamentarios con representación nas institucións correspondentes.

ÚLTIMAS

Joseba Iraola vence na I Subida Ribeira Sacra de Chantada

Nun coñecido trazado polos habituais do certame nacional de montaña disputáronse catro mangas de...

Así foi a participación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

A delegación monfortina estivo formada por 68 deportistas que participaron en 4 modalidades deportivas:...

O BNG discrepa do financiamento da Ponte do Malecón por parte da Deputación

O deputado e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro e o portavoz municipal en Monforte,...

Desactivada a situación 2 no incendio de Soutordei en Ribas de Sil

No concello de Ribas de Sil segue activo desde as 18.22 horas deste sábado,...