HomePolíticaEsperta Monforte preguntará no pleno polo estado de abandono de edificios históricos...

Esperta Monforte preguntará no pleno polo estado de abandono de edificios históricos de Monforte

Ao pleno deste luns presentan unha pregunta sobre un edificio histórico na rúa do Conde e sobre unha das casas máis estreitas de España, a casas dos Pelambres na rúa Armando Cotarelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En maio de 2024 a formación política presentara un rogo para que o concello esixira aos propietarios do edificio da praza do Conde que repararan os danos no tellado polo perigo de afundimento e deterioro dun edificio de valor patrimonial. “Pasado rnáis de dous anos a situación vai a peor sen que o concello fixera nada por facer cumprir as obrigas do propietario, nun caso de deixadez lamentable, explican.

Nesta ocasión engaden outro edificio senlleiro, que ademais ten un valor histórico e tamén motivo de atracción turística, unha das casas máis estreitas de España, “a casa dos Pelambres na rúa Armando Cotarelo ten o tellado tamén en situación de grave deterioro. Estes son dous edificios senlleiros no naso patrimonio. Os propietarios teñen a obriga legal de manter os seus inmobles en condicións axeitadas para evitar que entren en estado de ruína”.

Lembran desde Esperta Monforte que este deber está regulado tanto a nivel estatal polo Real Decreto Lexislativo 7/2015 (Lei de Solo) como a nivel autonómico en Galicia pola Lei 2/2016 do Solo de Galicia. [1, 2., J] e insisten en que en caso de que os propietarios non afronten as obras de manternento precisas pódese por en marcha a execución subsidiaria, o propio concello fai as obras de urxencia e despois pásalle as facturas dos gastos ao propietario. Preguntan no pleno que medidas legais e punitivas se fosen precisas vai poñer en marcha o concello para que os propietarios cumpran coas súas obrigas de mantemento destes edificios.

Preguntan tamén se vai pagar o concello as cantidades reclamadas por Gas Monforte no litixio do parque do Hospital e como pregos, piden contratar a grupos locais para substituír a Beret o 15 de agosto que se revisen aseos e vestiarios da Piscina Municipal, “que teñen deficiencias desde o mesmo día da inauguración”.

Casa dos Pelambres / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...