HomePolíticaO BNG de Pantón reclama transparencia sobre os cortes de auga que...

O BNG de Pantón reclama transparencia sobre os cortes de auga que se produciron en varia parroquias do municipio

A formación nacionalista denuncia que se deron problemas na subministración en Mañente, Vilamelle, Ferreira, Toldaos, Pantón ou Siós, "nun momento especialmente sensible debido á tempada estival e ás altas temperaturas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Pantón solicita ao Concello que informe de maneira clara e anticipada á veciñanza sobre a situación da traída municipal de augas e os cortes no subministro que se están a producir en distintas parroquias do municipio.

Segundo o BNG, os continuos cortes están a provocar importantes molestias nos fogares e graves prexuízos económicos aos negocios locais, especialmente ás casas de turismo rural, que ven afectada a súa actividade e imaxe en plena temporada alta.
O pasado luns, o BNG solicitou a celebración dunha xunta de portavoces para coñecer de primeira man a situación.

Finalmente, sería o concelleiro nacionalista Roi López Carmona quen mantivo un encontro co alcalde, o popular José Luis Álvarez, no que este lle trasladou os datos relativos ás perdas rexistradas na rede e aos consumos de auga. Desde o BNG sinalan que, tras contrastar esa información coa achegada pola veciñanza, comprobaron que son numerosas as persoas afectadas polos cortes e que, en moitos casos, estes prodúcense sen unha comunicación previa suficiente.

“Os concellos teñen a obriga de informar con transparencia cando se producen incidencias deste tipo. A veciñanza debe coñecer con antelación cando haberá cortes, as zonas afectadas e a duración prevista para poder organizar a súa vida diaria e a súa actividade económica”, sinala Rosana Prieto Florines, portavoz do bng na Corporación municipal.

Para o BNG a situación evidencia a falta de planificación e de solucións estruturais a un problema que se vén repetindo desde hai varios anos. Trasladan a súa colaboración “para tomar medidas que permitan resolver definitivamente as deficiencias da rede de abastecemento, e activar a dos Castillós e o Mato, que parece a obra interminable” di con resignación a portavoz do bng veciña de Castillón onde non teñen traída de augas nin municipal nin veciñal.

Mentres non se executen actuacións estruturais, os nacionalistas reclaman a posta en marcha de medidas urxentes que garantan en primeiro lugar o abastecemento ás vivendas, logo os negocios e, finalmente, os usos recreativos. Así mesmo, solicitan a publicación dun bando municipal no que se informe dos cortes previstos, os seus horarios e as causas que os motivan.

ÚLTIMAS

Mostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de Monforte

O Concello de Monforte vén de abrir ao público na Casa da Cultura a...

Chantada presenta o cartel e a programación das Festas Patronais que se celebran do 20 ao 25 de agosto

Nas actividades destaca, como sinalou o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo, a promoción...

Co peche do estacionamento do Parque dos Condes comeza o dispositivo especial de tráfico para as Festas de Monforte

Este dispositivo especial regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento,...

250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

O acto central da visita foi a sinatura dun novo convenio interadministrativo entre a...