HomePolíticaPP e BNG únense na Deputación para anular o convenio para a...

PP e BNG únense na Deputación para anular o convenio para a Ponte do Malecón de Monforte

O PP consigue aprobar resolver o convenio de 1,8 M€ para a Ponte do Malecón co apoio do BNG e denuncia que Carmela López e o PSOE seguen “secuestrados” por Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular denuncian a actitude do PSOE e da presidenta da Deputación, Carmela López, que votaron en contra da súa iniciativa para anular o convenio de 1,8M€ destinado á construción dunha nova ponte aberta ao tráfico na zona do Malecón de Monforte, “a pesar de que o proxecto conta cun rexeitamento social masivo e cuxo único obxectivo é “cumprir co peaxe imposto polo deputado non adscrito e alcalde monfortino, José Tomé”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denuncia que Carmela López amosa unha “submisión absoluta” cara á figura de Tomé, “É inadmisible que a Deputación destine os recursos públicos de todos os lucenses para blindar un pacto de goberno sustentado nunha persoa acorralada pola xustiza e coa que teñen unha débeda política que pagan cos diñeiros da provincia”.

Antonio Ameijide recordou que a proposta non buscaba retirar ningún investimento a Monforte, senón reconducilo cara a proxectos urxentes e necesarios. “Pedimos redefinir o convenio para que os 1,8M€ servisen para financiar a mellora integral da rede de saneamento e abastecemento de auga, unha demanda histórica e real dos veciños que o goberno socialista prefire ignorar, ou calquera outra necesidade que si reclama a veciñanza de Monforte”, sinalou.

O Malecón é un espazo histórico de convivencia e lecer monfortino, “Meter tráfico rodado, erguer unha estrutura de formigón e aceiro, talar árbores e afectar ao comercio local non é progreso, senón “unha barbaridade urbanística sen sentido técnico nin social”, insisten, mentres denuncian “o uso caciquil” que o PSOE fai da Deputación Provincial.

Pleno xullo Deputación Provincial / PP provincia de Lugo

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...