HomePolíticaIGV presenta unha Coordinadora para consolidar a “revolta cívica das comunidades rurais”

IGV presenta unha Coordinadora para consolidar a “revolta cívica das comunidades rurais”

Na VIª Asemblea celebrada en Vilardevós o 28 de xullo, IGV escolleu unha nova Coordinadora para os vindeiros catro anos, encargada de ampliar a representación en 2027 e de tecer alianzas amplas que permitan "rematar coa hexemonía institucional e social do PP en Galicia".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Interior Galego Vivo naceu en 2019 como rede que aglutina candidaturas municipalistas e movementos veciñais preocupados pola demotanasia, o despoboamento inducido por políticas caciquís que buscan convertir o interior galego nun territorio baleirado para o espolio de grandes corporacións e fondos de investimento. En menos dunha década, IGV consolidou proxectos municipalistas en varios municicipios das provincias de Lugo e Ourense. Contan cunha alcaldía en Vilardevós, que impulsa políticas destinadas “á cohesión social, á prevención de incendios e á mellora da calidade de vida das persoas no medio rural”, aseguran.

A nova Coordinadora de IGV contará con representantes de IGV Vilardevós, como a alcaldesa Tamara Balboa García; Antom Fente Parada de Por Chantada – IGV; Rubén Fernández Rodríguez, voceiro de Xuntos por Chandrexa – IGV; Paula Vázquez Verao, voceira de de Agroma Sober – IGV, Óscar Carrrete Lage, voceiro de Courel Vivo – IGV ou Jorge Lorenzo Vila, voceiro de Xuntos por Laza – IGV.

Municipais 2027

IGV presentarase a estes comicios formando parte da coalición Agora Galicia, que aglutina proxectos locais de todo o País e que, mantendo a autonomía e as siglas locais, busca o establecemento de alianzas a nivel local ou comarcal, ao tempo que suma votos cara as Deputacións.

O programa aprobado presta atención a retos do interior galego, “dende os devastadores incendios de última xeración, a necesidade de impulsar comunidades enerxéticas locais, fronte a proxectos industriais extractivistas no medio rural; a importancia de políticas públicas municipais de integración das persoas migrantes ou o impulso ao sector agrario galego.”

“O que a nosa xente agarda das e dos representantes municipais é que resolvamos problemas e saibamos actuar ante os grandes retos do presente,” asegura Tamara Balboa, “non precisa políticos locais preocupados por polémicas ou por medrar dentro do partido. Interior Galego Vivo debémonos exclusivamente á xente das nosas parroquias”.

IGV aposta por promover comunidades vivas e diversas que sexan resilientes tanto ante os riscos climáticos como ante os retrocesos democráticos, a este respecto os concellos son eixos fundamentais de actuación, “para facer políticas municipais con base nas comunidades locais das nosas parroquias. Espermos que máis persoas se sumen á revolta cívica das comunidades rurais do interior galego”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...