HomePolíticaPor Chantada solicita a anulación do acordo de modificación de crédito por...

Por Chantada solicita a anulación do acordo de modificación de crédito por máis de 4M€ aprobada polo concello

Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de rexistrar alegacións contra a aprobación inicial do expediente de modificación de crédito e da operación de préstamo por importe de 4.189.546,13 euros, ao considerar que incumpre os requisitos legais esixidos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas alegacións rexistradas, Por Chantada sostén que o expediente non cumpre o artigo 37 do Real Decreto 500/1990, que esixe que os créditos extraordinarios se destinen a gastos concretos, determinados e inaprazables. “O que aparece no expediente non son investimentos perfeitamente definidos, mais partidas económicas xenéricas que poderán concretarse máis adiante. Iso non é o que permite a lei», afirma Fente.

Segundo explica o voceiro municipal, “non estamos diante dunha discusión sobre se Chantada precisa investimentos. O problema é que se pretende hipotecar o Concello durante dezasete anos sen identificar con rigor que obras se van executar. Despois de 30 anos na alcaldía que teña que recorrer a 4.8 millóns de débeda revela a súa nefasta xestión, mais o medo a perder os comicios, por iso o crédito ten tamén dous anos de carencia. Porque o único obxectivo é ter cartos á esgalla nas eleicións e logo, pasado o día, pasada a romaría e que pague a viciñanza a festa do PP”.

As alegacións recollen que o propio informe da Intervención municipal advirte de que esta operación provocará o incumprimento das regras de estabilidade orzamentaria, obrigando á aprobación dun Plan Económico-Financeiro que limitará durante varios exercicios a capacidade económica do Concello e traerá consigo incremento da presión fiscal.

Por Chantada agarda que o goberno municipal estime as alegacións e deixe sen efeito a aprobación inicial do expediente. “Non estamos diante dun simple trámite administrativo. Estamos falando da maior decisión económica do Concello en décadas. Cando se compromete o futuro financeiro de Chantada hai que actuar con transparencia, con planificación e dentro da legalidade. Iso é o que estamos a defender”, conclúe Antom Fente

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...