HomePolíticaO BNG do Saviñao reclama dar servizo de auga da traída a...

O BNG do Saviñao reclama dar servizo de auga da traída a toda a veciñanza de Fión

O BNG do Saviñao esixe ao Concello a dotación de servizos básicos para tódolos veciños.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG do Saviñao asegura que na parroquia de Fión a maioría das casas seguen sen contar cun servizo básico e faise “de modo discriminatorio”. “O artigo 26.1 da lei de bases de réxime local estipula claramente que o concello debe prestar o servizo domiciliario de auga potable. Non se entende que existindo a canalización de auga potable, non se lles permita aos veciños a posibilidade de conectarse a ela con todos os problemas que isto conleva”, explican desde o BNG.

Os nacionalistas din non entender que se propoña á Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade pola paisaxe da auga e “que nesta zona o que falte sexa auga e humanidade” e aseguran que a deficiencia de servizos básicos nas parroquias máis alonxadas do centro urbano do concello é un problema que afecta de cotío a persoas de negocios da zona.

Á falta da auga da traída, o BNG engade deficiencias na recollida de lixo ou falta de limpeza dos camiños. Os nacionalistas lémbranlle ao concello que “tódolos veciños do Saviñao teñen os mesmos dereitos a recibir os servizos básicos e úrxenlle a solventar un problema que ten fácil solución”.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...