HomePolíticaA Deputación ponse a disposición da Xunta para impulsar a construción da...

A Deputación ponse a disposición da Xunta para impulsar a construción da residencia de Folgoso do Courel

Ante as declaracións realizadas polo Partido Popular sobre o convenio da residencia de Folgoso do Courel coa Deputación de Lugo, a institución provincial asegura que non se puido executar o proxecto no prazo establecido e nesta situación cumpriuse cos procedementos administrativos correspondentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación lamenta que se utilice este expediente para cuestionar o compromiso da Deputación coas persoas maiores cando conta con nove Centros de Atención a Maiores en funcionamento, preto de 400 persoas residentes e arredor de 300 traballadores. A este respecto lembra que a atención residencial a maiores, “é competencia da Xunta de Galicia, non é unha competencia propia das Deputacións.

No caso de Folgoso do Courel asegura que “a propia Xunta de Galicia comprometeuse coa construción dunha residencia neste municipio” e considera que unha vez pechado este procedemento administrativo, “a Xunta debe cumprir co compromiso adquirido con Folgoso do Courel e coas súas responsabilidades como administración competente”.

Neste senso, o organismo provincial asegura estar disposto a entregar á Xunta, “se cumpre co compromiso adquirido”, o proxecto e o traballo realizado ata o momento, facilitando o que estea ao seu alcance para que a residencia sexa unha realidade.

“A Deputación non vai entrar nunha guerra política por este asunto. Pero tampouco vai permitir que se utilice un expediente administrativo concreto para ocultar o debate de fondo: quen ten a competencia en materia de residencias e quen debe garantir que a provincia conte con suficientes prazas públicas para atender as persoas maiores”, conclúe a institución provincial.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...