HomePolíticaO PP de Ribas de Sil repite candidato con Isaac Lamas

O PP de Ribas de Sil repite candidato con Isaac Lamas

Isaac Lamas defenderá de novo o proxecto do PP en Ribas de Sil onde é portavoz do Grupo Municipal Popular dende o 2015 e concelleiro dende o 2011.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo o candidato popular, un dos principais retos para Ribas de Sil é “frear a perda de poboación”. Nese senso, aposta por “fomentar as potencialidades do concello e aproveitar os seus recursos para desenvolver un sector turístico en consonancia cos municipios da zona”. Lembra Isaac Lamas que a Xunta declarou á Ribeira Sacra Ben de Interese Cultural (BIC) para que opte a ser declarada como Patrimonio Mundial da Humanidade “o que podería supoñer grandes oportunidades para o municipio”.

Tamén se amosa convencido da importancia e repercusión que ofrecerá a Ribas de Sil a declaración das Montañas do Courel como xeoparque internacional. “O proxecto impulsado de forma conxunta cos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga gobernados polo Partido Popular xa foi recoñecido como aspirante a Xeoparque da Unesco en recoñecemento do valor xeolóxico do noso territorio”.

José Isaac Lamas Álvarez estudou Ciencias Políticas e traballa nun negocio familiar en Ribas de Sil. Con 37 anos leva 16 vencellado ao Partido Popular onde comezou a militar con 21 como membro de Novas Xeracións. A presidenta dos populares lucenses, Elena Candia, destaca a súa formación e capacidade de traballo e agarda que “o candidato popular acade a confianza dos ribasilenses para facer posible un cambio de goberno no municipio”.

Isaac Lamas / PP

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...