HomePolíticaO PP de Monforte presenta unha moción na que insta ao Ministerio...

O PP de Monforte presenta unha moción na que insta ao Ministerio de Transportes e a Adif a recuperar as frecuencias ferroviarias perdidas

A voceira popular, Katy Varela, afirma que “a provincia de Lugo continúa sendo unha das grandes prexudicadas polas decisións do Goberno de España en materia de infraestruturas ferroviarias” e a pesar das actuacións realizadas na liña entre Ourense e Lugo, “a provincia segue sen alta velocidade e sofre unha perda continuada de servizos ferroviarios que dificulta a mobilidade dos veciños”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno unha moción na que insta ao Ministerio de Transportes e a Adif a recuperar as frecuencias ferroviarias perdidas e a mellorar a calidade do servizo que reciben os usuarios da estación de Monforte.

Un dos servizos máis demandados era o tren nocturno con destino Barcelona, unha conexión eliminada durante a pandemia e que, seis anos despois, continúa sen recuperarse, privando aos usuarios dunha comunicación directa non só coa cidade catalá, senón tamén con numerosas capitais do norte peninsular.

Ademais, a voceira popular pide ao Goberno central e ao alcalde Tomé que “deixen de enganar aos monfortinos” xa que “a posta en servizo dun Alvia con saída de Lugo ás 05:18 horas presentouse como unha mellora cando a realidade é que é un cambio de horario, xa que adiantaron o tren das 11:20 horas, servizo que desapareceu”.

A popular tamén alerta das dificultades que presentan os enlaces con Ourense para conectar cos servizos de alta velocidade, xa que os frecuentes atrasos impiden en numerosas ocasións realizar os transbordos con garantías, xerando importantes prexuízos para os viaxeiros.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...