HomePolíticaRueda enche no mitin de Monforte e visita a feira de ...

Rueda enche no mitin de Monforte e visita a feira de Chantada

Este sábado pola noite o PP celebraba o acto central de campaña na zona sur, co mitin que tivo lugar no restaurante Don Manuel que se encheu de simpatizantes e alcaldes populares dos concellos da contorna. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, aproveitou a mañá para achegarse a Chantada en xornada de feira e destacar, como repetiría en Monforte, "a importancia de concentrar o voto nunha provincia como a de Lugo, onde se poñen en xogo catro escanos, o próximo 29N, e onde cada voto conta e pode ser decisivo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rueda lembrou en Monforte que Lugo foi na anterior convocatoria das Eleccións Xerais, en 2023, a provincia que brindou máis votos ao Partido Popular en toda España, e lanzou o reto de superar ese resultado o vindeiro día 29 de novembro, “a única maneira de lograr o cambio necesario para España nas urnas é votar con forza, non confiarse”.

O presidente do PPdeG lembrou como o cara a cara do pasado xoves entre Alberto Núñez Feijóo e Pedro Sánchez “ratificou que o candidato popular é o presidente que necesita España, despois de colocar ao candidato socialista ante o seu espello e darlle unha lección”. Ademais da súa mala xestión -incidiu-, “Sánchez preséntase ás urnas coa bagaxe daqueles dos que se rodeou neste tempo: Ábalos, Koldo, Leire Díez”.

E apelou ao voto ao PP, “porque ningunha outra garante que os galegos e galegas aproveiten a oportunidade que ofrecen estas eleccións: deixar atrás o sen sentido” de Sánchez e dar a benvida ao sentidiño de Feijóo.”

Pola súa banda, o cabeza de lista do Partido Popular ao Congreso pola provincia, Francisco Conde, reivindicou a xestión e o traballo dos representantes populares fronte á política de Sánchez e chamou á mobilización para repetir e mellorar o resultado de 2023, “Está en xogo o futuro das familias, dos autónomos e do medio rural”.

Conde reclamou mellores comunicacións para a Ribeira Sacra e apelou a concentrar os esforzos “no cambio necesario, co fin de impulsar esta comarca e os proxectos que o Goberno soterrou nun caixón, como a A-76 (Ponferrada-Monforte-Ourense) e a A-56 (Lugo-Ourense), o mantemento da N-120 e o impulso definitivo para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio Mundial da Humanidade”.

O mitin en Monforte comezaría coas intervencións da portavoz popular monfortina e deputada autonómica, Katy Varela, e da candidata ao Senado e alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro.

O PP visita Chantada en día DE feira

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, o candidato ao Congreso por Lugo, Francisco Conde, e o número un ao Senado, José Manuel Barreiro, así como doutros membros da candidatura e cargos políticos, visitaban este sábado os mercados da feira de Chantada onde quixeron coñecer as inquedanzas da veciñanza e aproveitaron para pedir máxima implicación e “non escatimar ningún esforzo no último sprint da campaña”. Desde Chantada Rueda insistiu en que, “É fundamental que todos aqueles descontentos cos últimos oito anos, con Pedro Sánchez á fronte do Goberno, escollan a papeleta do PP”.

Rueda, feira en Chantada campaña 2026 / PP provincial

ÚLTIMAS

O programa “Lugo de corazón a corazón” leva aos concellos da provincia a formación en prevención cardiovascular

O programa, que conta co apoio da Deputación de Lugo, busca facilitar o acceso...

Tres feridos nun accidente entre dous coches en Sarria

Segundo informou o 112 Galicia, un particular deu aviso deste accidente arredor das 20.00...

Este 22 de novembro ás 18:00 na casa da cultura de Monforte, maxia para público familiar na programación do 25-N

Esta actividade enmárcase na campaña “Monforte en negro contra as violencias”, organizada polo Concello...

Alumnado do IES A Pinguela fai a Ruta dos Fornos e tírase en tirolina

Alumnado de 4º ESO do IES A Pinguela de Monforte achegouse esta semana ata...