HomePolíticaO orzamento municipal de Sober para este ano ascende a 3.283.000, un...

O orzamento municipal de Sober para este ano ascende a 3.283.000, un 11% que o pasado ano

Agroma Sober denuncia que coa presentación dos Orzamentos 2019, o Goberno local incumpriu o compromiso de traer a Pleno os Orzamentos en prazo, antes de que rematara o ano anterior.

Publicado o

- Advertisement -

Agroma Sober lamenta o pouco tempo para estudar o orzamento e apuntan que, por impostos directos estímase unha recaudación de 1.043.000 €, o 36,8% da recadación, porque, segundo Agroma Sober, neste exercicio se contempla a percepción dos atrasos correspondentes aos procedementos de regularización catastral levados a cabo no Concello e que producirán efectos recadatorios no 2019.

Con estes datos, Agroma Sober considera que se podería ter rebaixado o IBI este ano, como prometera o Goberno local no 2015. Neste momento, o tipo impositivo está en 0,52% nos inmobles urbanos e 0,48% nos rústicos. Apunta Agroma Sober, “O Goberno local afirmou valorar poñer o urbano en 0,50, pero non temos noticias sobre a rebaixa, por iso inicialmente votamos en contra e terminamos absténdodonos, a cambio do compromiso de que se estude a rebaixa do IBI este ano”.

Agroma Sober agradece a consignación de 19.000 euros para escavacións arqueolóxicas en Proendos, pero agardan que se produzan avances reais. Tamén aplauden que se orzamente o saneamento de Neiras e piden que se reparen os camiños de Francos de Doade, deteriorados trala instalación do saneamento.

Cren desde Agroma Sober que se deberían destinar máis fondos á Escola de Teatro e á Banda de Música de Sober e que o reparto de fondos para festas e asociacións debería ser máis igualitario.

A este respecto solicitaron habilitar unha partida específica de fondos para Asociacións municipais e que o Concello convoque subvencións locais en réxime de concorrencia competitiva. Propuxeron tamén orientar os fondos destinados á ludoteca Soberlandia (19.000 € do Concello + 19.000 € do Plan Leader) a un Plan de conservación do Patrimonio inmaterial, con implicación dos nenos e nenas do concello.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...