HomePolíticaOs alcaldes de Bóveda e Chantada buscan outro mandato co PP

Os alcaldes de Bóveda e Chantada buscan outro mandato co PP

José Manuel Arias e Manuel Lorenzo dandidatos do PP en Bóveda e Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

José Manuel Arias López, alcalde de Bóveda dende o 1999, repite como candidato do Partido Popular tras ser elixido por unanimidade polo comité local. O rexedor popular anuncia que “o principal reto de cara ao vindeiro mandato é a ampliación do polígono industrial”. 90.000 metros cadrados de solo industrial para a implantación de novas empresas ou para a ampliación das existentes. Na actualidade, as poucas parcelas dispoñibles no polígono atópanse a un prezo de entre 9 e 11,50 euros grazas á aplicación dunha redución do prezo nun 50% por parte da Xunta.

Arias sinala que “estamos traballando xunto coa consellería de Medio Rural, propietarios e gandeiros nun importante proxecto para a ampliación da base territorial das explotacións agrogandeiras que permitirán potenciar o sector”.

O Goberno popular de Bóveda destina entre un 30% e un 40% do orzamento municipal aos servizos sociais. José Manuel Arias aposta, a este respecto, por potenciar o servizo municipal de axuda a domicilio.

No Concello de Chantada aparece o nome do actual alcalde, Manuel Lorenzo Varela, como candidado popular para as vindeiras eleccións municipais. Manuel Lorenzo xa fora alcalde co PP entre o 1995 e o 2007. No 2008 abandoaba as filas populares e substituíao, Susana López Abella. Manuel Lorenzo Varela fundou Independentes das Terras do Asma (Inta) e obtivo a alcaldía de Chantada no 2011.

ÚLTIMAS

O Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela e prevé rematar a obra en outubro

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Taboada adquiriu a superficie necesaria para executar...

A Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

A 26 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo 26...

Este 24 de abril desde as 18:15h cita coa literatura infantil na Biblioteca de Chantada

A Biblioteca Municipal do Concello de Chantada desenvolve distintas propostas para conmemorar o 23...

Copa de España de Ciclismo BTT DH Molinos, este 26 de abril no Páramo

Esta semana presentouse a proba ciclista da Copa de España de Descenso BTT DH...