HomePolíticaO PSOE de Monforte e Chantada camiño das eleccións

O PSOE de Monforte e Chantada camiño das eleccións

O PSdeG-PSOE de Chantada aproba por aclamación a lista para as vindeiras eleccións municipais e en Monforte o PSOE presenta ao seu candidato o día 23 de marzo.

Publicado o

- Advertisement -

O Partido Socialista de Monforte presentará ó seu candidato, José Tomé, nun acto que se celebrará o día 23 ás 8 e media da tarde, no restaurante Don Manuel. Intervirán:

  • Gloria Prada, Tenente de alcalde do Concello de Monforte.
  • Álvaro Santos, Secretario Provincial do PSdeG-PSOE.
  • Gonzalo Caballero, Secretario Xeral dos Socialistas de Galicia.
  • José Tomé Roca, actual Alcalde e candidato á Alcaldía de Monforte.

En Chantada, A Agrupación Socialista aprobou en asamblea e por aclamación a candidatura que concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio. A candidata é a voceira municipal, Raquel López Rodríguez. Na lista acompáñana persoas que din, “representan con fidelidade a todos os sectores económicos e sociais do concello, a todos os territorios e persoas máis novas xunto coas máis veteranas”. Presentan ademais unha lista paritaria.

Anuncian o emprego, o desenvolvemento das posibilidades turísticas, o apoio á iniciativa privada e a prestación de servizos como eixes da acción de goberno.

1 RAQUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ PROFESORA DE ENSINO SECUNDARIO
2 JOSÉ LUIS VÁZQUEZ HERMIDA ADMINISTRATIVO
3 MARÍA VARELA RODRÍGUEZ TÉCNICA DE MARKETING
4 DANIEL GÓMEZ FERNÁNDEZ-CAMIÑAS ENXEÑEIRO DE CAMIÑOS
5 MARÍA ARGIZ LEDO PROFESORA DE ENSINO SECUNDARIO
6 XOSÉ MANUEL SOENGAS LEDO PREXUBILADO
7 ZAIDA GONZÁLEZ VÁZQUEZ DIPLOMADA EN EDUCACION INFANTIL
8 HÉCTOR DIÉGUEZ GARCÍA OPERARIO DE FÁBRICA
9 MARÍA MERINO MARTÍNEZ XEROCULTORA
10 SERGIO ESTÉVEZ ÁLVAREZ GANDEIRO
11 ELENA PAVÓN RAMÍREZ ENFERMEIRA
12 CRISTIAN VARELA CASAS CABO DE BOMBEIROS
13

 

JOSÉ ANTONIO NEIRA VÁZQUEZ

 

HOSTELEIRO

 

S1 LUIS DEUS GAMALLO XUBILADO
S2 MARÍA ESTHER SEIJAS VILELA AMA DE CASA
S3 MARIA LUZ FERNÁNDEZ LÓPEZ XUBILADA
S4 MARÍA JESÚS RODRÍGUEZ LÓPEZ MESTRA
S5 HÉCTOR LEDO RODRÍGUEZ GANDEIRO

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...