HomePolíticaA Pobra do Brollón non contratará brigadas da Xunta para este verán

A Pobra do Brollón non contratará brigadas da Xunta para este verán

Dos 67 concellos lucenses, só 2 non terán suscrito convenio de prevención e extinción de incendios nalgunha das 3 modalidades: contratación de brigadas, actuación das motobombas municipais e rozas de camiños

Publicado o

- Advertisement -

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro manifestou que 65 dos 67 concellos da provincia -a excepción de Rábade e A Pobra do Brollón– terán subscritos este verán ca Consellería do Medio Rural os convenios de prevención e extinción de incendios nalgunha das 3 modalidades: brigadas, motobombas ou roza de camiños.

Esta actuación supón un investimento de 3.5 millóns de euros para previr que este verán o lume poda chegar a afectar aos montes galegos do mesmo xeito co fixeron o outubro pasado. Cabe salientar que no Concello da Pobra do Brollón, parroquias como a de Cereixa, víronse gravemente afectadas por unha baga de lumes sen precedentes.

Un total de 360 brigadistas para un total de 73 brigadas, serán contratados polos concellos co apoio do goberno autonómico que se encargarán de vixiar e loitar contra o lume. As brigadas, terán entre 4 e 5 compoñentes cada unha e ademais das encomendas anteriormente mencionadas, tamén deberán de limpar os montes municipais e aqueles en que o dono sexa descoñecido.

Por outra banda, 41 municipios recibirán apoio a través de motobombas e 57 concellos lucenses acolléronse á modalidade do convenio que contempla o financiamento de tratamentos preventivos en vías de titularidade municipal, polo que se rozarán en toda a provincia un total de 6.430 hectáreas.

 

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...