InicioPolíticaOnde aparece a Feira Medieval na guía turística de Monforte?

Onde aparece a Feira Medieval na guía turística de Monforte?

Esperta Monforte considera que os 20.000 euros de edición da guía foron “cartos tirados” ao non recoller nada da Medieval e ter que editar, agora con vistas á Feira Medieval, trípticos específicos.

Publicado o

- Advertisement -

Esperta Monforte insiste, como xa apuntaran, en que a guía turística de Monforte non é a primeira coa que conta o concello, porque segundo o expediente do técnico de cultura de Monforte, de abril do 2018, xustifícase a necesidade de elaboración dunha nova Guía Turística de Monforte derivada, en gran medida, polo esgotamento das editadas por Everest e a Deputación de Lugo con anterioridade.

A nova Guía editada polo actual equipo de goberno, contén, segundo Esperta Monforte, un gran erro, non incluír a Feira Medieval entre as súas páxinas. Segundo Esperta Monforte, as presas do Señor Tomé por levar a guía a Fitur provocaron que este erro non puidera ser correxido no momento que se recibiron as impresións no Concello e se detectou o erro.

Para Esperta Monforte, os 20.000 euros que a edición da Guía supuxo aos monfortinos, forons cartos “tirados” pois agora, e antes da Semana Santa, o Concello vai a editar 4.000 trípticos onde se fala da Feira Medieval.

Dende Esperta Monforte este erro considérano indignante. “Non se pode xogar cos cartos dos contribuíntes deste xeito. Non se pode tolerar o feito de gastar preto de 20.000€ nunha publicación con erros tanto de contido como de redacción.”

Por outra banda, Esperta Monforte, lembra que o Concello de Monforte pertence á Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia, o que debería de axudar a promover o uso correcto de galego e sen embargo, lamentan que o uso do galego na administración local “é pésimo”.

ÚLTIMAS

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...