InicioPolíticaEladio Fernández, candidato socialista á alcaldía de Sober

Eladio Fernández, candidato socialista á alcaldía de Sober

O Concelleiro do PSOE presentou este sábado a candidatura dos socialistas para as vindeiras eleccións municipais.

Publicado o

- Advertisement -

Eladio Fernández é veciño da parroquia de Rosende e militante do PSOE dende hai moitos anos, leva presidindo a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA) durante moito tempo, promovendo valores tan importantes como o respecto e a igualdade de dereitos.

Na presentación estivo acompañado do Secretario Xeral do partido socialista na provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, así como de compañeiros e veciños do Concello. Na súa intervención prometeu que, se chegan ao goberno, a primeira medida será presentar uns orzamentos participativos co compromiso de reunirse cos veciños/as das 22 parroquias e diferentes colectivos do concello para darlle voz á cidadanía, ofrecer maior transparencia e cubrir mellor as súas necesidades.

Respecto a outros proxectos que levará no programa de goberno Eladio Fernández amosou o seu compromiso co rural e os maiores. Neste senso destacou que “estamos comprometidos co medio rural e a dinamización das parroquias, para iso, desenvolveremos diferentes iniciativas que busquen ofrecer aos veciños máis servizos e prestacións. Por exemplo, poremos en marcha un plan de actuación para mellorar os camiños e dotar de traídas de auga ao noso rural. Para os socialistas a atención aos maiores é prioritaria. Neste eido, acábase de aprobar a proposta que levamos dende o PSOE para que Sober conte cun servizo que atenda as necesidades reais das persoas non dependentes e que agora non se están cubrindo. Esta liña vai a ser a nosa folla de ruta porque somos conscientes da importancia de que os nosos maiores estean preto dos seus fogares e do seu entorno”.

Tamén incidiu en que a dinamización turística dende o concello deixa moito que desexar e que cómpre impulsar iniciativas e actividades que deixen máis retorno económico aos pequenos negocios e empresas do concello. “O turismo ten que ser un dos nosos motores económicos”, insistiu.

O candidato socialista agradeceu a confianza dos compañeiros de partido e destacou “a enorme ilusión que me fai liderar o proxecto dos socialistas en Sober. A nosa candidatura está representada por 14 veciños do Concello, con ampla experiencia en xestión municipal e caras novas con ganas de cambiar o rumbo do Concello e poñelo no lugar que se merece”.

candidatura psoe sober

Eladio Fernández Pérez, Santiago Pérez Rodríguez, Eloy Pérez Otero, Francisco Domingo Ledo Freire, Ángel Rodríguez Fernández, Mari Carmen Freire Pardo, Manuel Díaz Soto, Lino Trigo Álvarez, Carmen Gallego Franco, Rocío Salgado Macía, Basilio Cobo Rodríguez. Suplentes: José González Canel, Ángel Díaz Borges e María Victoria Fernández Pérez.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...