HomePolíticaA autovía a Ourense, o compromiso do Alcalde de Chantada

A autovía a Ourense, o compromiso do Alcalde de Chantada

Manuel Varela, candidato ao Senado polo PP, ratificou diante de empresarios de Chantada que a súa chegada a Madrid non lle fará renunciar a seguir demandando a execución desta importante infraestrutura para Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Os candidatos do Partido Popular por Lugo ao Senado, José Manuel Barreiro e Manuel Varela, e ao Congreso, Jaime de Olano, ratificaron este luns diante dos empresarios/as de Chantada que seguirán demandando a autovía a Ourense. Neste encontro, Varela manifestou que “é un tema que non vou deixar de lado”.

Segundo os populares, esta infraestrutura que comezaba a camiñar coa fixación incluso de prazos para rematar algúns treitos, quedou apartada nos orzamentos estatais que intentou sacar adiante, sen éxito, Pedro Sánchez. Esta situación, insisten dende o partido popular, é un claro ”castigo” que chega tras a moción de censura de Pedro Sánchez.

Neste contexto, no que se lles trasladaba aos empresarios de Chantada o compromiso de non esquecer a autovía a Ourense, o propio Varela lembrou as moitas reunións mantidas co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa ex ministra Ana Pastor, e co cabeza de lista ao Senado, José Manuel Barreiro, para sacala adiante.

E tendo a culpa do esquecemento desta infraestrutura a moción de censura socialista, velaquí un motivo máis ao que se agarra Manuel Varela para xustificar que “cando me propuxeron voltar ao PP e ir ao Senado, vin nesta opción unha oportunidade para ser a voz dos chantadinos e reclamar entre outras actuacións esta autovía, sen esquecerme tamén da N-540”.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...