HomePolíticaO Candidato de Ciudadanos na provincia de Lugo denuncia no Courel, o...

O Candidato de Ciudadanos na provincia de Lugo denuncia no Courel, o abandono que padece este territorio

José Manuel Blanco, natural do Courel, participou este domingo en varios actos neste concello, nunha xornada que rematou con mítin en Folgoso.

Publicado o

- Advertisement -

O candidato de Cs ao Congreso por Lugo estivo acompañado por afiliados e do número dous ao Congreso, o doutor Francisco Pintado, e do candidato ao Senado, Víctor González. José Manuel Blanco referiuse a perda constante de poboación no concello e á perda de servizos, “os servizos son cada vez peores, non hai un médico de maneira continua, non hai autobuses que leven ás persoas de aquí a Lugo ou ao hospital. Os xubilados que viven aquí téñense que pagar taxis para poder saír da súa casa, cunha pensión que non lles chega a nada”.

Como medidas para revitalizar o rural, Ciudadanos propón un Plan Nacional contra o Despoboamento, unha rebaixa do 60% no IRPF para quen habite en zona despoboadas, unha cota de autónomos de 30 euros para as mulleres do rural, unha supresión do imposto de sucesións para as explotacións agrarias e non pagar a cota de autónomos dous anos se se ten fillos.

O candidato denunciou o desinterese do PP e do PSOE polo Courel, “O Señor Feijóo, igual que o Señor Olano, di que son os máximos defensores do rural, pero non fan nada para solucionar os problemas do rural: o despoboamento, as infraestruturas que se deterioran e non se reparan; a perdida da asistencia sanitaria; a falta de transporte e de traballo… os problemas dos veciños do Courel son numerosos, pero se non se visita aos seus veciños é imposible coñecelos”

O cabeza de lista ao Congreso aproveitou para charlar cos seus veciños e colgou nas súas redes sociais un vídeo no que os habitantes do Courel denuncian a situación de abandono que sofren.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...