HomePolíticaO BNG do Saviñao pide que se cubra a praza de traballador/a...

O BNG do Saviñao pide que se cubra a praza de traballador/a social

Argumentan que hai máis de dous meses que a Xunta concedeu financiamento para contratar a unha persoa que realice labores de asistencia social no concello e a día de hoxe aínda non se fixo nada.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galiza aprobou o 14 de febreiro, no consello da Xunta, que se dotara ao Concello do Saviñao de recursos económicos para poder contratar a un traballador ou traballadora social e a día de hoxe, segundo trasladan nun comunicado á prensa dende o BNG local, aínda non se iniciaron os trámites para poder contratar a ninguén.

Segundo eles, dende hai xa bastante tempo a atención ao público dos Servizos Sociais no Saviñao realízase só un dia ou dous á semana, e un concello coa poboación tan envellecida non pode permitirse ter unha cobertura tan limitada dun servizo básico para moitas/os veciñas/os.

A concelleira do BNG, Antía Nieves, asegurou “Desde o BNG reclamamos que se inicie inmediatamente o procedemento para poder contratar un traballador ou traballadora social que reforce os Servizos Sociais do Saviñao, porque cunha poboación tan envellecida que carece de servizos como centro de día, de residencia, e onde hai máis de 161 usuarios do SAF non pode estar coa atención ao público desatendida”.

ÚLTIMAS

Quiroga Trail Challenge: máis de 400 participantes inscritos no primeiro mes

O QTC25 comeza a súa particular conta atrás anticipando, por parte da organización, o...

72 persoas con contrato laboral grazas ao Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada 23/24, financiado pola Consellería de...

O BNG urxe ao Goberno do PP o arranxo íntegro da LU-651

Iago Suárez lamentou o voto en contra do PP a unha iniciativa que solicitaba...

Teatro para público infantil este 13 de setembro no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó segundo trimestre...