Home Cultura Os retratos do monfortino Roberto González inundan Lugo

Os retratos do monfortino Roberto González inundan Lugo

0
Os retratos do monfortino Roberto González inundan Lugo
Museo Provincial de Lugo/turismo.gal

O monfortino Roberto González inaugura a súa obra “Control” no Museo Provincial de Lugo que se pode visitar ata o vindeiro 30 de setembro. O acto estivo presidido por Pilar García Porto, Deputada de Cultura da Deputación de Lugo, e na que tamén estiveron a Concelleira de Cultura Carmen Basadre; o alcalde de Monforte, José Tomé Roca; a Coordinadora do proxecto, Encarna Lago e a Directora do Museo, Aurelia Balseiro García.

No Museo Provincial o tema a representar é a influencia (medos herdados/pegadas de ferro) dos gobernantes sobre a Historia. Na Torre de Xiá (Museo Fortaleza San Paio de Narla) resoan como “pedra dura” as pegadas do Poder sempre vixía. No Museo do Mar de Cervo, antiga escola, medítase sobre a Educación (as orlas uniforman), e no Museo Pazo de Tor de Monforte debátese sobre a influencia dos vellos credos. Acompañan a este proxecto os poemas e as obras de María José Fernández, Marica Campo, Olalla Cociña e Olga Novo que reflexionan sobre o devir de seres vixiados.

“Con este proxecto, o autor, que inclúe un cento de retratos a maioría de homes, transcende o valor estético da obra de arte e proponnos reflexionar sobre a imaxe como comunicación, como símbolo que representa as formas históricas de relación social, especialmente as de control desde as diferentes formas de poder”, sinalou Pilar García Porto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here