Enfermeiras en loita de Monforte demandan transparencia administrativa

Enfermeiras en loita en Monforte / Enfermeiras en loita Monforte
Este venres, 11 de outubro, como xa ven acontecendo desde fai varios meses, terá lugar unha nova concentración de Enfermeiros Eventuais en Loita, ás 12h diante dos centros de saúde e hospitais de toda Galicia.
A iniciativa “12 meses, 12 loitas” adica este mes de outubro á trasparencia administrativa, esixindo que se poña en marcha un mecanismo fiable e actualizado para coñecer os datos reais dos profesionais do Sergas.
O obxectivo desta campaña é estar mais cerca de conseguir un sistema de saúde sen opacidades e cun acceso fácil e claro ós datos do persoal, para impedir situacións inxustas e arbitrariedades, ata o de agora difícilmente evitables.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here