HomePolíticaAutorizadas as expropiacións para a primeira fase de conversión en autovía do...

Autorizadas as expropiacións para a primeira fase de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria

O orzamento estimado no proxecto de trazado redactado conta cun investimento de máis de 24,4 millóns de euros, aos que se engaden as partidas destinadas ao pago das expropiacións dos 53 predios necesarios para a súa execución e que superan os 255.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno galego autorizou este xoves o proxecto de decreto polo que se declara a utilidade pública e disponse a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria, no tramo entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro, nos municipios lucenses de Sarria e do Páramo.

O orzamento estimado no proxecto de trazado redactado conta cun investimento de máis de 24,4 millóns de euros, aos que se engaden as partidas destinadas ao pago das expropiacións dos 53 predios necesarios para a súa execución e que superan os 255.000 euros.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fíxose eco desta actuación e ratificou que a Consellería de Infraestruturas prevé a licitación das obras de desdobramento deste tramo A Pobra-Sarria Centro para finais deste ano, de forma que se poida iniciar a execución das obras a mediados de 2020. O levantamento de actas previas á ocupación dos terreos sitúase entre finais deste ano ou principios de 2020.

O corredor Lugo-Sarria-Monforte, cuxo último tramo se puxo en servizo en 2015, converteuse nunha das principais infraestruturas de vertebración do interior de Galicia ao conectar Lugo e a capital de Lemos nuns 45 minutos, mediante un investimento da Xunta de 135 millóns de euros desde o ano 2009.

O Goberno galego tamén autorizou na súa reunión de hoxe a transferencia a favor do Concello do Grove (Pontevedra) da titularidade do tramo da estrada provincial de Praia Carreiro.

PLANS DE FORMACIÓN

Por outra banda, Feijóo informou de que a Xunta colabora por sexto ano consecutivo con axudas aos plans de formación das entidades locais de Galicia.

Foron aprobados nove plans de formación correspondentes ao catro deputacións provinciais, á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), aos concellos de Pontevedra e A Coruña e á Mancomunidade da área Intermunicipal de Vigo.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...